COMUNICACIÓN
De Autor
Documentación, etnografía & IMAXE.
Traballo na intersección entre comunicación, cultura e arte. Interésame o que perdura: a ligazón coa terra, coa xente, coa memoria oral de quen habita os lugares. Nun contexto dominado pola inmediatez, o meu traballo ofrece unha pausa. Entendo a narración, a imaxe e o audiovisual non como meros soportes estéticos, se non como ferramentas de preservación, de transmisión de relatos. Creo contidos duradeiros, que dan densidade e voz auténtica aos proxectos cos que colaboro.
— LIÑAS DE TRABALLO —
COMUNICACIÓN
E IDENTIDADE
Contidos de carácter documental para empresas e proxectos que basean o seu valor na orixe.
Acompaño os ciclos produtivos e a paisaxe humana e cultural para crear un imaxinario visual coherente que explique, sen artificios, a autenticidade do seu labor. O resultado é un fondo de arquivo editorial e pezas fotográficas e audiovisuais que axudan a lexítimar unha identidade de marca polo seu valor cultural.
#Comunicación #Marca #Documental #Identidade #AudioVisual #Editorial
PATRIMONIO E DIVULGACIÓN
Proxectos de investigación e posta en valor do patrimonio inmaterial.
Investigación e recollida, mediante relatos, imaxes e contidos audiovisuais, formalización en libros, exposicións ou pezas documentais. Deseñado para fundacións e administracións públicas con proxectos de compromiso co territorio.
#Etnografía #Editorial #Audiovisual #Documental #FormatosHibridos
DOCUMENTACIÓN
INTEGRAL
Desenvolvemento integral de propostas que dialogan coa identidade e o territorio.
Ideo e produzo proxectos que poden integrar eventos, exposicións, contido editorial ou material transmedia, a partires do patrimonio de valor material e inmaterial. Un servizo integral para entidades que procuran amosar cultura a través de obxectos e experiencias tanxibles.
#Proxectos #Integral #Producción #Comisariado